A pesar das informacións interesadas da Armada española dando a entender que a fragata Méndez Núñez e o buque de aprovisionamento de combate Patiño navegan polo Mediterráneo por mor da guerra de Ucraína, non é así:

AMBOS BUQUES ESTAN INTEGRADOS NA FLOTILLA QUE ACOMPANA o portavions Gerald R. Foro, o mais grande da armada estadounidense enviado polo seu gobierno en apoio de Israel.

Isto non é unha suposición da CGT. Como no caso dos crimes de guerra e de lesa humanidade que o Estado sionista-fascista está a cometer a olios do mundo enteiro, EEUU tampouco se agacha: as propias redes sociais da OTAN informan de que a Méndez Núñez «está operando co Gerald R. Ford. no Mediterráneo oriental» e que o Patiño é «esencial para soster os barcos [da flotilla] en operacións».

Isto é unha VERGOÑA. Non abonda con que o Estado español vote na ONU a favor dunha resolución (que ficará en papel mallado polo veto ianqui). Non abonda con que o presidente do goberno pida unha conferencia de paz para dentro de 6 meses.

E necesario parar a masacre XA!

Tanto a Méndez Núñez como ,o Patiño foron construídos na nosa factoría. PERO NON OS CONSTRUIMOS PARA QUE COLABOREN NUN XENOCIDIO.

A CGT ere, e así o vai propoñer no comité de empresa, que é necesario mobilizarnos como traballador@s de Navantia-Ferrol para esixirlle a este goberno que deixe de ser cómplice do xenocidio:

,                         ,

  • VOLTA INMEDIATA DA MENDEZ NUNEZ E DO PATINO
  • ANULACIÓN DE TODA COLABORACIÓN DE  NAVANTIA CON EMPRESAS ISRAELIS                       
  • RUPTURA DE RELACIONS DIPLOMATICAS E COMERCIAIS CON ISRAEL.

 

NON NO NOSO NOME!   ALTO O XENOCIDIO!                   

A CAUSA DE PALESTINA E A CAUSA DA HUMANIDADE!

,

CONFEDERACION XERAL DO TRABALLO – Sección sindical unitaria en Navantia-Ferrol 
 
Que volvan os buques, XA!