"Neste mes de febreiro, días 20 e 21, terá lugar no local de CGT-Pontevedra, o Pleno de Sindicatos de CGT-Galicia que, entre outras cuestións, abordará a mobilización posible en Galicia cara a Folga Xeral que tenta promover a CGT en todo o seu ámbito.
A CGT-Pontevedra convoca a todos seus afiliados para que participen nos Encontros de debate e na Asamblea Xeral fixados neste mes de febreiro. Os temas a debater e sobre os que tomar decisión veñen recollidos na orde do día do Pleno de Sindicatos de CGT-Galicia e tamén sobre as loitas e conflitos que estamos a levar a cabo.»
Más información en www.cgtgalicia.org
Fuente: CGT Galicia